Manoliño era un pequeno saltón de
cor marrón. Un saltón de cor marrón da familia dos saltóns pequenos de cor
marrón. Saltaba ós poucos polos prados. Plin, plin, plin….. Ía un día Manoliño saltando polo prado
cando....
-
Ei, mira por onde vas! – dixo unha voz
grave
-
Perdoa! – dixo o pobre Manoliño, ca súa
voceciña, levando a man á cabeza.
Acababa de darse unha cabezada contra algo máis duro que unha pedra.
-
Perdoa? Perdoa?
-
Si, perdoa!
-
Cómo que perdoa? Mira por onde vas
rapaz!. Abre os ollos! Ou non tes?
-
Xa miro, vale! –dixo Manoliño comezando
a enfadarse- e perdoa por respirar oh!
-
Perdoa! E dálle con perdoa!
-
Xa pedín perdón, e creo que xa está o
asunto rematado! Adeus! – E Manoliño deuse a volta para marchar de alí
saltando.
-
Adeus? – repetiu a voz- Adeus?
Jajajajaja
Entón Manoliño mirou aquela cousa
verde, grande, vizosa. Era un saltón verde, da familia dos grandes saltóns
verdes e parente das lagostas verdes.
-
Ah! Xa vexo. Agora sei quen es! –dixo
Manoliño-. Oín falar dun saltón grande verde, fachendoso, faltón. Vexo que todo
o que din de ti é certo. En fin. Adeus! – E marchou dando pequenos saltos.
Plin, plin, plin
-
Jajajaja. E ti a onde pensas chegar
dando eses saltos! Que ridículo!
O noso amigo Manoliño parouse, deuse a volta, mirou para aquel
saltón e dixo
-
Vou ó prado a comer unhas leitugas! –
deuse a media volta e volveu a saltar. Plim
-
Jajajajaja! Mira para min. O saltón
Leandro vaiche dar unha clase maxistral de cómo saltar. Con eses saltos que ti
das, cando chegues ónde as leitugas xa chas comeron todas os caracois.
Dito
isto, Manoliño deuse a volta e abriu a boca para dicir algo, pero non dixo
nada, so mirou como Leandro daba brincos.
-
Mira, primeiro flexionas o pes, abres un pouco
as ás, impúlsaste e sobes, sobes, sobes ben alto…. Ehhhhhh. E dende aquí arriba
vas xirando no salto e ves o prado, as casas da xente grande, as árbores….
Ehhhhh Aquí estou. – E voltou a saltar unha e outra vez. Flun. Flun, flun.
-
Vexo que é certo absolutamente todo
canto me contaron… ata o inconsciente que es! Un día vas aparecer dentro do
papo dun paxaro!
-
Hai medo? Cobarde!
-
Si, vale, veña, son un cobarde. Adeus!-
Dixo Manoliño decidido a irse de alí canto antes mellor.
E unha
vez máis, Leandro seguía a saltar
-
Mira, mira!
Manoliño
mirou unha vez máis para Leandro.
-
Mira! Mira!. Unha vez máis!. Sobes
xirando e dende arriba ves o prado, a casa da xente grande, os árbores, uns
ollos, un peteiro… un peteiro? Pero, nonnnnnn!
-
Grac……. Oiuse dicir a unha pega. Logo
todo foi silencio.
-
Díxenllo – dixo Manoliño- e na miña terra,
o que avisa é avisador!