A Daniel de
pequecho encantábanlle os osos amorosos: Queixoso, Gruñoso, Xenerosa, Armoniosa....
Era a súa serie de debuxos preferida. Tamén lle encantaba que lle deran
abrazos, pero máis aínda que recibilos, o que lle gustaba era dalos. Xuntando
ámbalas dúas cousas, a xente empezou a chamarlle “abrazoso”
Aquel neno medrou,
como tódolos nenos, pero seguiu regalando abrazos. Primeiro na familia, logo
cos veciños, e tanto foi así que a xente comezou a vir cada vez de máis lonxe
para que os abrazara. Xente triste, xente con problemas de saúde, xente que
quería compartir un abrazo, xente e máis xente. E el, simplemente regaláballes
o seu abrazo, e dun xeito ou outro, as preocupacións e as tristuras da xente
desaparecían.
Un día, polo
Nadal, Daniel ergueuse da cama e atopouse canso, triste, sen ánimos. Ese día
non saíu da casa.
Comezou a chegar a xente como tódolos días, e todos foron xuntándose na porta
da casa de Daniel. Pero Daniel non saía. Entón a xente dou en murmurar, logo xa
foron alzando a voz, para rematar gritando. Querían que saíra. Por fin, Daniel
fixo un esforzo e asomouse á porta.
-
Sinto que tiverades que vir de balde, algúns
dende moi lonxe, pero hoxe non vai haber abrazos. Non me sinto ben. Atópome
canso. Moi canso...
Dito isto,
entrou de novo na casa. A xente volveu de novo a gritar.
-
É un fraude! É todo mentira! –dicía un
-
Que cara dura! Que me devolvan os cartos – dicía
outro, aínda cando Daniel nunca quixo nada de ninguén
-
Que pouca vergoña! Que está canso! É a súa
obriga dar abrazos!
Canto máis oía
Daniel á xente, máis triste se poñía, e menos forzas tiña. Canda palabra era un
coitelo que se cravaba no seu corazón.
-
Ding, Dong –soou o timbre
-
Ding, Dong –soou de novo
-
Ding, Dong
Entón Daniel
foi cara a porta e o abrila atopou a unha nena que o mirou fixamente ós ollos e
deulle ela un abrazo a Daniel e a cara triste de Daniel tornou en ledicia. Xa
non se atopaba canso. E un día máis volveu de novo a facer o que mellor sabía,
regalar abrazos.