Vistas de página en total

sábado, 27 de junio de 2015

Ó final do arco da vella


           Chovía. Chovía a Dios dar. Daniel estaba sentado, diante da ventá,  vendo caer a auga. Encantáballe!


                  -  Daniel! Que fas?

                  -  Estou mirando como chove, mami!

                  - É hora de merendar!

                  - Vou mami!

Daniel merendou e volveu de novo á ventá. Seguía concentrado en ver chover . Gota a gota. De vez en cando ía á porta, abríaa e respiraba fondo. Encantáballe aquel olor a terra mollada, que se producía cada vez que levaba varios días de seca e logo aparecían as tormentas de verán.
 
                   -Mami! Mira, corre, ven!

                  - Vou...

                  -Que é iso de tantos cores que hai no ceo?

Resultou que a choiva foi parando e abriuse un pouco o ceo, o suficiente para que se colaran uns raios de sol. Era a primeira vez que Dani vía o arco da vella
 
                  -Oh! Dani, é o arco da vella!

                  -O qué?

                  -Eh... mira, teu pai explicaríacho cos seus tecnicismos físicos, pero eu direiche que aparece cando fai sol e chove... sen máis.

                   -É fermosísimo

                   - Certo, Dani. Hai unha lenda que di que ó final do arco da vella espéranos un fermoso tesouro.

                   -  Un tesouro mami! Eu quéroo!

 E sen máis, Dani saíu a fora e comezou a correr cara o arco da vella. Pero canto máis corría, máis lonxe parecía estar. Dani correu e correu ate que as forzas se lle esgotaron, e foi parando a carreira pouco a pouco para volver á casa andando.

                   -Mami, o  arco da vella fai trampas. Escápame!

                   - Xa o sei Dani, non coñezo a ninguén que chegara ó final.

                -  Entón mami, ninguén viu nunca o tesouro?

                - Non, ninguén.

                 -  E como sabemos que hai un tesouro?

                - Non o sabemos certo, Dani. É unha lenda.

                - Pois mami, eu atoparei o tesouro que hai ó final do arco da vella. - E dito isto volveu de novo á ventá. Volvía a chover.

Cada vez que saía o arco da vella, Danieliño poñíase a correr e intentaba chegar ata ó final do mesmo, pero o único que sempre conseguía era cansarse. Un día, Dani correu, e correu, e correu tanto que cando quixo darse conta, non so alcanzara o arco da vella, senón que estaba correndo por riba del. Alá abaixo, moi pequeniña, quedaba a súa casa. Pero sen medo ningún seguiu correndo ata o final do mesmo

 Cando súa nai se decatou de que Danieliño faltaba, mirou o ceo e veu o arco da vella. Comezou a andar camiño do mesmo, chamando por Dani, pero Dani non contestaba. Estaba tan preocupada por atopar ó seu fillo, que non se dou conta que tamén ela estaba a camiñar polo arco da vella. Decatouse cando veu que o chan se separaba dos seus zapatos. Entón acordouse da lenda que lle contara ó seu fillo e comezou a correr en dirección ó final do arco da vella.

                -  Dani! Dani!
Cando chegou ó final do arco da vella, descubriu a Dani cun sorriso de orella a orella.

              - Ola mami! Mira, atopei o tesouro!

E Dani, dándose a volta, amosoulle a súa nai o seu tesouro, un vello libro cheo de fermosísimos debuxos.

              - Mami, é un comic.....