Vistas de página en total

lunes, 11 de junio de 2012

CHISPA: O GARDIÁN DOS SOÑOS


      Chispa é un can branco de peluche. Un enorme can branco de peluche! Brando, peludo, suave, agarimoso… Igual que todos os cans de peluche!
Pero Chispa non é un can de peluche calquera. Polo día gústalle estar ós pes da cama de Antía con outros peluches. Alí xoga ás adiviñas e ás agochadas, durme e conta contos xunto cos outros peluches: o can Riki, a ra verde, as bonecas... Cóntalles contos de heroes e magos, historias do país dos peluches...
Pola noites Chispa transfórmase.... Cando cae o sol déitase, baixa as súas grandes orellas para tapar os ollos e fai que dorme....pero non dorme. Vixía. É O GARDIÁN DOS SOÑOS. Dende os pés da cama vixía que nin pantasmas nin pesadelos entren na habitación...
Pero.... que pasa se unha pantasma ou un pesadelo quere entrar na habitación? Entón CHISPA levanta unha orella, abre un dos seus grandes ollos, mira para o pesadelo ou pantasma, gruña un pouco e o pesadelo ou a pantasma que ousa entrar, sae correndo e sen mirar atrás. Logo, CHISPA baixa de novo a orella para tapar o ollo, non sen antes botar unha ollada e comprobar que Antía segue a soñar con festas de bonecas, con pinturas de cores e mil soños máis....iso si: todos soños felices.

No hay comentarios:

Publicar un comentario