Estaban as árbores ó carón do río. Era verán, facía calor, e unha lixeira brisa acariciaba a follaxe das árbores.
Foron pasando os días e as árbores seguían a deixarse acariciar pola brisa … todas menos unha, que sabía que os tempos de verán tocaban á súa fin e foi pouco a pouco cubrindo a súa pel dunha fina capa de carriza que lle serviría de abrigo cando chegaran os tempos do frío e a choiva.
E como era de esperar, foise a calor, chegou o outono, a choiva, o aire frío a zoar … e tódalas árbores tiñan frío, todas menos unha, que tiña o seu abrigo de carriza.
- Achís –espirrou unha das árbores.
- Achús –espirrou outra.
E así, unha tras outra, ían espirrando ó longo do río. Cada espirro era unha sacudida de tódalas súas pólas, e eran un montón de follas que caían ó chan.
Cando pasaron uns días, só unha árbore tiña tódalas follas, a única que non espirraba, a única que tiña o seu abrigo de carriza, a única que foi quen de ver chegar o outono …
Entón a fada dos ríos díxolle que a partir dese día se chamaría “sempervivens” porque aínda no máis frío do inverno, sempre se mantén viva.

No hay comentarios:
Publicar un comentario