Levaban
moitos anos estudando nos libros. Alí estaban reunidos, Melchor, Gaspar,
Baltasar e Artabán. Aquela noite chegaron á conclusión de que o día que tanto
estaban a esperar estaba a piques de chegar. Ía nacer un neno, aquel neno que dicían
os libros que traería ó mundo unha mensaxe de paz, de respecto, de amor cara os
demais. Decidiron que se atoparían de novo pasada unha lúa no zigurat de
Borsippa, cada un levaría unha ofrenda, e así xuntos, seguirían aquel cometa,
que segundo os libros antigos os levarían onda o neno.
Tanto
Melchor, como Gaspar e Baltasar pronto atoparon que ofrecer ó neno: Ouro como
Rei que ía ser o neno, rei da paz e o amor. Incenso, como Deus e Mirra como
Home. Pero Artabán buscaba e buscaba e non atopaba que presente levar. O seu
reino non se caracterizaba precisamente pola riqueza. Era un reino onde o que
máis relucía era a area baixo o sol, e as tranquilas augas que regaban os oasis.
Pasaban os días, acercábase o momento de partir, e Artabán seguía sen ter que
presentar como ofrenda.
Estando
un día sentado baixo a sombra dunha palmeira, oíndo como corría a auga, medio
en soños, acercóuselle un neno, mirouno fixamente, e díxolle
-
A resposta ás túas preocupacións
está no teu corazón.
Cando
Artabán abriu os ollos por completo, xa non viu a ninguén.
Chegou
o tempo de partir. Artabán seguía a darlle voltas ás palabras de aquel neno
cando iniciou o camiño co tempo xusto de chegar á reunión cos outros tres reis
magos. Esperaba que de camiño se lle ocorrera algo.
Ó pouco de comezar a viaxe atopou un vello
moribundo que fora atacado por uns bandidos. Interrompeu a viaxe para curar as
feridas de a aquel vello. Cando chegou a Borsippa xa marcharan os seus tres
compañeiros.
Decidiu
seguir o seu camiño en solitario. Para cando deu chegado a Xudea non atopou nin ó neno nin ós outros tres
reis magos, só atopou ós soldados de Herodes perseguindo nenos inocentes.
Conseguiu salvar a un neno das súas fouces pero iso custoulle a cadea. Trinta
anos de condena.
Cando
por fin foi liberado soubo que aquel neno, agora xa un home, ía ser crucificado
e Artabán decidiu ir na súa busca para a pesar de todo, aínda que non tiña nada
que ofrecer, cumprir e dar por finalizada aquela viaxe que comezara facía trinta
anos.
De camiño atopouse cunha rapaza prisioneira
que ía ser poxada. Grazas á súa intervención, aquela nena puido volver cos seus
pais. E así, cando Artabán alcanzou a fin da súa viaxe, estaba ós pes do
Gólgota, e Xesús xacía morto na Cruz. Entón Artabán cae ó chan rendido. A
piques de expirar aparéceselle de novo aquel neno do osais que lle dí:
-
A túa ofrenda está cumprinda:
Cando estaba ferido, curaches as miñas feridas; cando era perseguido, salvaches
a miña vida; cando estaba prisioneiro liberáchesme.
Dí a lenda que o mesmo Artabán subeu ó ceo da
man de aquel neno Xesús.
(Adaptación da historia The Other Wise Man de Henry van Dyke)