Vistas de página en total

jueves, 29 de diciembre de 2016

Artabán

Levaban moitos anos estudando nos libros. Alí estaban reunidos, Melchor, Gaspar, Baltasar e Artabán. Aquela noite chegaron á conclusión de que o día que tanto estaban a esperar estaba a piques de chegar. Ía nacer un neno, aquel neno que dicían os libros que traería ó mundo unha mensaxe de paz, de respecto, de amor cara os demais. Decidiron que se atoparían de novo pasada unha lúa no zigurat de Borsippa, cada un levaría unha ofrenda, e así xuntos, seguirían aquel cometa, que segundo os libros antigos os levarían onda o neno.
Tanto Melchor, como Gaspar e Baltasar pronto atoparon que ofrecer ó neno: Ouro como Rei que ía ser o neno, rei da paz e o amor. Incenso, como Deus e Mirra como Home. Pero Artabán buscaba e buscaba e non atopaba que presente levar. O seu reino non se caracterizaba precisamente pola riqueza. Era un reino onde o que máis relucía era a area baixo o sol, e as tranquilas augas que regaban os oasis. Pasaban os días, acercábase o momento de partir, e Artabán seguía sen ter que presentar como ofrenda.
Estando un día sentado baixo a sombra dunha palmeira, oíndo como corría a auga, medio en soños, acercóuselle un neno, mirouno fixamente, e díxolle
-          A resposta ás túas preocupacións está no teu corazón.
Cando Artabán abriu os ollos por completo, xa non viu a ninguén.
Chegou o tempo de partir. Artabán seguía a darlle voltas ás palabras de aquel neno cando iniciou o camiño co tempo xusto de chegar á reunión cos outros tres reis magos. Esperaba que de camiño se lle ocorrera algo.
 Ó pouco de comezar a viaxe atopou un vello moribundo que fora atacado por uns bandidos. Interrompeu a viaxe para curar as feridas de a aquel vello. Cando chegou a Borsippa xa marcharan os seus tres compañeiros.
Decidiu seguir o seu camiño en solitario. Para cando deu chegado a  Xudea non atopou nin ó neno nin ós outros tres reis magos, só atopou ós soldados de Herodes perseguindo nenos inocentes. Conseguiu salvar a un neno das súas fouces pero iso custoulle a cadea. Trinta anos de condena.
Cando por fin foi liberado soubo que aquel neno, agora xa un home, ía ser crucificado e Artabán decidiu ir na súa busca para a pesar de todo, aínda que non tiña nada que ofrecer, cumprir e dar por finalizada aquela viaxe que comezara facía trinta anos.
 De camiño atopouse cunha rapaza prisioneira que ía ser poxada. Grazas á súa intervención, aquela nena puido volver cos seus pais. E así, cando Artabán alcanzou a fin da súa viaxe, estaba ós pes do Gólgota, e Xesús xacía morto na Cruz. Entón Artabán cae ó chan rendido. A piques de expirar aparéceselle de novo aquel neno do osais que lle dí:
-          A túa ofrenda está cumprinda: Cando estaba ferido, curaches as miñas feridas; cando era perseguido, salvaches a miña vida; cando estaba prisioneiro liberáchesme.
 Dí a lenda que o mesmo Artabán subeu ó ceo da man de aquel neno Xesús.
 
(Adaptación da historia The Other Wise Man de Henry van Dyke)

No hay comentarios:

Publicar un comentario