Vistas de página en total

sábado, 31 de marzo de 2018

O rei e a bolboreta

         Conta unha lenda, que unha vez houbo un rei que dispoñía non seu castelo do xardín máis fermoso que nunca ninguén antes tivera visto. Azaleas, rosas e orquídeas de mil cores. Árbores de froitos exóticos, palmas, magnolios, mimosas de gran arrecendo. Un regato percorría o xardín onde os paxaros ían beber das súas frescas augas, e as libélulas xogaban entre os penedos. En el vivía unha bolboreta, a bolboreta máis fermosa que ninguén nunca tivera visto.

Tódolos días, o rei saía ó xardín na hora precisa que a bolboreta aparecía para vela voar de flor en flor. Era en verdade fermosa. O seu xeito de voar, fráxil, elegante... o seu xeito de pousarse nas flores. A súa cor. A música que soaba cada vez que batía as súas alas.

Os habitantes das aldeas próximas acercábanse a moreiras para poder desfrutar daquel xardín, e sobre todo, daquela bolboreta que a todos tiña namorados.

Pero aquel rei era moi celoso, e quería aquela bolboreta para el só. Así que un día, esperou a que a bolboreta aparecera polo xardín e capturouna. Encerrouna nunha pequena gaiola de ouro e dispúxolle todo canto el cría que a bolboreta podía necesitar: o mellor néctar do reino, as mellores flores collidas no mesmo día...

Paro entón ocorreu algo. Co paso dos días o xardín comezou a perder todo o seu encanto, a súa maxia, o seu cor, o seu arrecendo... e volveuse pouco a pouco triste e gris. Os paxaros deixaron de cantar e as libélulas abandonaron as beiras do río. As plantas murchaban e as flores caían ó chan convertidas nunha masa de cor marrón. Ó mesmo tempo, a bolboreta comezou tamén a transformarse. A súa ledicia converteuse en tristura e as súas cores fóronse apagando.

O rei mandou chamar ós mellores xardineiros do reino. E un a un foron pasando polo xardín. Algúns probaron a lanzar os seus feitizos máxicos sen éxito. Outros trouxeron os mellores abonos, sen resultado. E así, foron chegando e marchando sen atopar solución ó problema.

Ata que un día, chegou un xardineiro que pediu audiencia co rei. Dicía que tiña a solución pero debía dicirlla a el e só a el. E foi levando diante do rei.

-         Maxestade, –dixo o xardineiro- a solución ó problema do xardín está na gaiola de ouro que garda no seu cuarto.

Cando o rei se recuperou da sorpresa de que o xardineiro soubese o segredo da bolboreta, foi correndo ata  onde a tiña oculta. Alí estaba, triste, gris, igual que o xardín. O rei abriu a porta da gaiola e soltouna.

Entón, a  cada paso, con cada rozar das alas da bolboreta, as plantas, as flores e todo o xardín volveu de novo a relucir con todo o seu esplendor.

Agora, tódalas tardes o rei baixa ó xardín para poder ver voar, de flor en flor a aquela bolboreta que a todos ten namorados.