Tódolos días, o rei saía ó xardín na
hora precisa que a bolboreta aparecía para vela voar de flor en flor. Era en verdade
fermosa. O seu xeito de voar, fráxil, elegante... o seu xeito de pousarse nas
flores. A súa cor. A música que soaba cada vez que batía as súas alas.
Os habitantes das aldeas próximas
acercábanse a moreiras para poder desfrutar daquel xardín, e sobre todo, daquela
bolboreta que a todos tiña namorados.
Pero aquel rei era moi celoso, e
quería aquela bolboreta para el só. Así que un día, esperou a que a bolboreta
aparecera polo xardín e capturouna. Encerrouna nunha pequena gaiola de ouro e
dispúxolle todo canto el cría que a bolboreta podía necesitar: o mellor néctar
do reino, as mellores flores collidas no mesmo día...
Paro entón ocorreu algo. Co paso dos
días o xardín comezou a perder todo o seu encanto, a súa maxia, o seu cor, o
seu arrecendo... e volveuse pouco a pouco triste e gris. Os paxaros deixaron de
cantar e as libélulas abandonaron as beiras do río. As plantas murchaban e as
flores caían ó chan convertidas nunha masa de cor marrón. Ó mesmo tempo, a
bolboreta comezou tamén a transformarse. A súa ledicia converteuse en tristura
e as súas cores fóronse apagando.
O rei mandou chamar ós mellores xardineiros
do reino. E un a un foron pasando polo xardín. Algúns probaron a lanzar os seus
feitizos máxicos sen éxito. Outros trouxeron os mellores abonos, sen resultado.
E así, foron chegando e marchando sen atopar solución ó problema.
Ata que un día, chegou un xardineiro
que pediu audiencia co rei. Dicía que tiña a solución pero debía dicirlla a el
e só a el. E foi levando diante do rei.
-
Maxestade, –dixo o xardineiro- a solución ó problema do xardín
está na gaiola de ouro que garda no seu cuarto.
Cando o rei se recuperou da sorpresa de
que o xardineiro soubese o segredo da bolboreta, foi correndo ata onde a tiña oculta. Alí estaba, triste, gris,
igual que o xardín. O rei abriu a porta da gaiola e soltouna.
Entón, a cada paso, con cada rozar das alas da
bolboreta, as plantas, as flores e todo o xardín volveu de novo a relucir con
todo o seu esplendor.
Agora, tódalas tardes o rei baixa ó xardín
para poder ver voar, de flor en flor a aquela bolboreta que a todos ten
namorados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario