Chamábanlle Luis, aínda que era máis coñecido por
Luisito ou tamén Luisiño, aínda que non lle gustaba que lle chamaran así,
prefería Luis ou Don Luis.
Nunca coñecín a ninguén máis fachendoso ca él,
cando menos ata o día do suceso que aquí imos contar, suceso, que por outro
lado, ninguén dubidaba que algún día sucedería, do único que había dúbidas era
de cando ía suceder.
Luisiño era, ou cando menos iso era o que el cría
e do que presumía, o máis rápido do lugar, aínda que si lle fixéramos caso a
el, seríao do mundo enteiro, e ademais de crelo, aínda presumía desta
habilidade que deus lle deu. Tódolos seus amigos fuxían nada máis velo, sabían
xa de memoria o discurso de Luisiño: son o máis rápido, cando vos cheguedes a
meta xa será noite no mundo enteiro, sodes máis lentos que o cabalo do malo das
películas....e non digamos nada da súa afección polas apostas....
Un día camiñaba Luisiño polo prado, aburrido, pois
xa ninguén quería botar unha carreira con el... cando se atopou con Silvestre,
un coello recentemente chegado, de pelo gris como as nubes que traen a neve
dende as montañas.
-
Bos
días, señor coello.
-
Bos
días, e ti quen es?
-
Chámome
Luis, aínda que aquí chámanme Luisiño, e son rápido, moi rápido, o máis rápido
do mundo.
-
Seguro
que si, Luisiño.
-
Estase
rindo de min? –teimou Luisiño.
-
Nunca
máis lonxe da miña intención –dixo o señor coello.
-
Bótolle
unha carreira!
-
Ben
Luisiño, unha cousa é que sexas rápido, que non o nego, pero eu son un coello.
-
E
vostede cre que eu non son o suficientemente rápido como para ganarlle a un
coello? –seguía teimando Luisiño
-
Eu
non nego que sexas rápido –dixo o coello, que xa non sabía como facer para
evitar aquela situación absurda.
-
Señor
coello, rétoo a unha carreira!
-
Pero
Luisiño...
-
Señor
coello, apóstolle a miña cuncha de caracol a que lle gaño!
-
Veña
Luisiño, déixao xa...
-
Señor
coello, non será vostede un covarde?
Aquelo si que non, o coello tiña moita paciencia, pero covarde non llo
chamaba ninguén. E alí mesmo e en aquel mesmo momento, tivo lugar a carreira. Unha
volta completa ó redor do prado. E xa vos podedes imaxinar o resultado. Aínda
que sexa este un conto, e xa sabemos que nos contos pode pasar calquera cousa,
esta vez pasou o que tiña que pasar. Luisiño perdeu a carreira, a cuncha e
moito máis, pois a partir daquel intre, toda a súa descendencia naceu sen
cuncha.. Agora todo o mundo os coñece como lesmas, as parentes dos caracois...
o que ninguén sabe é que realmente son a descendencia de Luisiño o rápido, o
fachendoso, o único caracol capaz de botarlle unha carreira a un coello,
apostar a súa propia cuncha e perdela.