Vistas de página en total

jueves, 24 de mayo de 2012

A NENA QUE NON QUERÍA CORTAR AS UÑAS

- Non! Non quero! –dicía unha e outra vez Uxía- Fasme cóxegas!
- Pero miña raíña, tes que cortar as uñas! –dicía unha vez máis seu pai-

Unha vez máis, Uxía non quería cortar as uñas, e xa ían moitos días seguidos sen querer facelo. Sempre tiña unha excusa: que se me fas cóxegas, que se me doen as uñas ou incluso que se teño medo de que me corten os dedos. Así día tras día: as uñas a medrar e Uxía a non as querer cortar.
Un día, ó espertar pola mañá, Uxía mirou as súas mans e descubriu unhas uñas longas, enormes!

- Ei, que ben!, que uñas máis longas teño! -dixo Uxía toda feliz-.

Pero a súa felicidade pronto trocou en tristeza. Cando quixo almorzar, a cunca do leite caeulle ó chan, porque con esas uñas tan longas no podía agarrala ben. Non lle deu máis importancia e foi xogar, como tódolos días, coas súas bonecas. Aí foi como descubriu que as súas uñas tan longas eran como tesoiras que cortaban os vestidos das súas bonecas. A súa tristura foi en aumento e decidiu cambiar de xogo.

- Parece que ter as uñas grandes ten algúns inconvenientes! – pensou- Vou pintar!

Pero pintar cunhas uñas tan longas non era fácil. Os lapis de cores escorregában entre os seus dedos e non conseguía pintar nada ó xeito. Non só iso, senón que tamén descubriu o difícil que era cambiar de canle co mando da tele ou poñer un DVD. Así foi descubrindo que cada cousa que quería facer era infinitamente máis difícil que cando tiñas as uñas cortadas. Uxía, triste, cansa, foi para a súa habitación, deitouse na cama, pechou os ollos e durmiuse...

- Uxía! Esperta! É hora de erguerse para ir á escola!- oíu Uxía como a chamaban-
Uxía mirou os seus dedos ...
- Un pesadelo! Tiven un pesadelo terrible! ¡Papá, tesme que cortar as uñas antes de ir ó cole!

No hay comentarios:

Publicar un comentario