Tomé era un rapaz moi feliz. Ría e xogaba a cotío. Ría e ría sen parar.
Troula por aquí, troula por alá. Salta que salta. Ri que ri. Tomé era
feliz.
Un día tanto riu que –hip-, colleu impo.
Agora Tomé xa non ri. Esa noite case non puido cear nada con tanto –hip-, e decidiu deitarse.
Hip, hip, hip.
Tomé non pode durmir. Así que decidiu contar ata cen. Un, dous, -hip-, tres, catro, cinco, -hip-, seis, sete, oito-hip-
-
Isto non funciona! –di Tomé. Vou contar ovellas. Unha
ovella,-hip-, dúas ovellas, -hip-, tres ovellas, -hip-, catro ovellas,
-hip.
Aquilo tampouco funcionou. Tomé foi probando todo canto se lle
ocorreu. Deitouse na cama, levantou os pes, respirou fondo... –hip-. Aí
estaba outra vez o impo. Logo ergueuse, púxose de pé no chan, separou as
pernas, meteu a cabeza entre elas, aguantou a respiración... -hip-
velaí de novo o impo.
- Non é xusto! –di Tomé. Con tanto impo non podo durmir!
Tomé
volveu de novo á cama. Tapouse, apagou a luz, pechou os ollos... –hip-,
-hip-, -hip- ata que de tanto xogar, rir e impar, os ollos se lle foron
pechando pouco a pouco, de canso que estaba, e quedouse por fin a
durmir.
E o impo? O impo dixo –hip- e marchou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario