Vistas de página en total

martes, 8 de enero de 2013

Os tres porquiños e o lobo feroz (Adaptación do conto orixinal)


     Había unha vez un bosque moi grande, ós pes do monte San Marcos, pretiño da aldea de Proupín, onde vivían un lobo feroz e tres porquiños.
     Cada porquiño comezou a construír unha casa. O máis pequeno non era mi traballador e gustaba moito de xogar, cantar e saltar, e fixo unha casa de palla para rematar pronto e poder ir ó bosque .
     O segundo era algo máis traballador, pero tamén quería ir xogar e cantar co seu irmán, así que fixo unha casa de madeira, pero rematouna axiña para ir troular polo bosque.
Só o maior fixo unha casa de ladrillo. Deulle moito traballo e levoulle moito tempo, e mentres seus irmáns xogaban, el traballaba. Cando rematou a casa foi xogar cos seus irmáns, pero pouco tempo tivo para xogar, pois ó rato apareceu o lobo

          - Auuuuuuuu!

     Os tres porquiños comezaron a correr para as súas casas, e o lobo corría tras eles. Así foi como chegou á casa de palla. Nada máis vela, xa se decatou de que era débil, e que caía case por si soa. Entón pronunciou unhas palabras:

          - Soprarei, soprarei e a túa casa derribarei! – aquí o meu fillo faime os coros… esta parte sábea moi ben.

      E así foi, soprou e a casa caeu esnaquizada en mil pedaciños. O porquiño correu para a casa de madeira de seu irmán. Alí chegou o lobo tamén correndo. Parou diante da casa, mirouna e viu que era pouco máis resistente que a anterior, así que repetiu as mesmas verbas que antes:

          - Soprarei, soprarei e a túa casa derribarei!

     Soprou unha vez e non pasou nada. Volveu a coller aire, soprou máis forte e a casa desfíxose en anacos. Agora os dous porquiños corrían para a casa de ladrillo de seu irmán o maior. Ó chegar a ela, o lobo pensou que podería derribar a casa ó igual que as anteriores, e unha vez máis repetiu as mesmas verbas:

         - Soprarei, soprarei, e a túa casa derribarei!

      E soprou unha, dúas, tres, catro e ata cinco veces, ata que quedou sen folgos, pero a casa non caeu. Entón decatouse de que aquela casa si era resistente de verdade e comezou a dar voltas ó seu redor estudando o xeito de entrar, ata que se lle ocorreu unha idea.

         - Entrarei pola cheminea, como fai Papá Noel – aquí é onde o meu fillo me berra e me di que Papá Noel e os Rei Magos entran pola porta, pola cheminea só entra o lobo feroz.

     Entón o lobo sube ó tellado, gabea pola cheminea e comeza a baixar. Pero o maior dos porquiños, que era tanto ou máis listo aínda que o lobo, tiña ó lume unha pota grande de auga fervendo, de tal xeito que ó chegar o lobo abaixo, meteu o cu na auga e saíu disparado de novo pola cheminea para fóra ouveando de tanta dor e co cu queimado. E nunca máis naquel bosque, nin na aldea de Proupín nin nas outras aldeas dos arredores se soubo daquel lobo feroz. E colorín colorado, este conto está…rematado

4 comentarios:

  1. moi bo, gustame esta vergion

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. a bruxa de galego16 de enero de 2013, 1:02

      Gustoume moito a adaptación do conto e, máis aínda, descubrir que aínda quedan papás que seguen coa ancestral tradición de contar contos aos seus peques e que, por riba, o fan na nosa lingua. Penso seguir o exemplo.

      Eliminar
    2. Grazas, alégrame que che guste a idea.

      Eliminar
  2. a bruxa de galego16 de enero de 2013, 1:06

    Encantoume ver que aínda segue habendo papás que contan contos aos seus fillos e, máis aínda, que o fan na nosa lingua. Gustoume moito a adaptación. Penso seguir o exemplo.

    ResponderEliminar