Vistas de página en total

domingo, 1 de diciembre de 2013

A señora Xeada e o Sol


A señora xeada é unha señora tan vella como o propio mundo. 
Gústalle moito saír polas noites frías e claras, cando non hai nubes nin fai aire , e camiñar polos prados baixo a Lúa, estendendo o  seu branco e frío manto alí onde vai. Déitase sobre as verdes herbas e pasa a noite ollando pas estrelas, cantándolle á lúa, xogando cas brétemas … pero hai algo que a señora Xeada nunca fixo: ollar o Sol. Cando chega a mañá, antes de que o Sol saia polo horizonte, a señora Xeada érguese e camiña cara a súa casa. É por iso que non coñece o Sol, non sabe con é: si frío ou quente, si feo ou fermoso, si grande ou pequeno … ela coñece tódalas estrelas do ceo, ela coñece tódalas formas da lúa:  chea, minguante, crecente … pero ela non coñece o Sol.
Un día, a señora Xeada decidiu quedarse despois do amañecer para ver saír o Sol. E quedou namorada del. Da súa cor, dos seus raios, da súa calor …. A señora Xeada quedou tan namorada do Sol, que mentres miraba para el foise derretendo pouco e pouco. Cando se dou conta do que lle pasaba, votou a correr cara a súa casa. A piques estivo de non chegar a tempo de se gardar.
Agora a Señora Xeada, queda tódolos días un ratiño a ollar cara o Sol antes de se recoller,  e é por iso que cando se vai, quedan molladas as verdes herbas do chan …

No hay comentarios:

Publicar un comentario