Era un venres. O
último día de clase, a última hora do día. Por fin terminaba o curso! Como
todos, un curso longo, con moito traballo, pero tamén cheo de boas cousas, de
novas amizades, de novos alumnos … pero a estas alturas xa as forzas non daban
para máis. Entón, dirixinme ó departamento. Estaba baldeiro. Senteime nunha
cadeira, recostei a cabeza, pechei os ollos e esperei a que tocara o timbre
para deixar todo ata setembro.
Non sei canto
tempo pasou, cando un ruído estraño me sobresaltou. As luces estaban apagadas.
Entón notei unha presenza ás miñas costas. Vireime e alí estaba. Mirándome con
aqueles ollos sen fondo.
-
JAJAJAJAJA. Pobre incauto. Por fin
alguén me ven remudar!!
-
E ti que ves sendo? – acertei a
preguntar, quitando forzas de non sei onde, pero máis levado polo medo que pola
valentía
-
Son a pantasma do Politécnico!!
Pensei realmente que estaba a soñar, que non
era máis que un pesadelo. Seguro que estaba na casa, durmindo na miña cama.
Pero aquel espectro continuou a falarme como si realmente aquilo fose real
-
Non me cres?
-
Non te creo. Sei que isto é un soño e
que cando remate, estarei na miña casa e ti non serás máis que o recordo de
unha mala noite
-
JAJAJAJAJAJA
Aquela risa
empeza a preocuparme de verdade. Non parecía quitada dun soño. Acaso sería
certo? Quedaríame durmido no instituto? Sería aquela unha pantasma de verdade?
-
Vouche demostrar que existo- continuou
dicindo aquela voz vida de máis alá do mundo dos mortos- Recordas aquela vez
que tiveches un curtocircuíto na clase e non atopabas ningunha explicación, que
miraches unha e outra vez a montaxe e parecía estar ben? Pois estaba ben, eu
fun quen provocou aquela desfeita
-
Xa, seguro – acertei a dicir, con máis
medo que outra cousa
-
Recordas aquela vez que na aula dos
ordenadores non ía internet? Un bucle dicían. JAJAJAJAJAJA. Un bucle!! Unha
pantasma máis ben, diría eu.
Aí foi onde
comecei a preocuparme de verdade. A pantasma seguiu a contar anécdotas, unha
tras outra. Un baño avariado, unha pechadura que non funcionaba, ferramentas
que faltaban …
-
Pois xa ves. Aquí estou probe incauto.
Tódolos anos ando a procura de alguén que me remude. Despois de 50 anos por fin
atopei un substituto. Espero que ti tardes menos ca min en atopar a túa remuda.
JAJAJA. JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
Entón soou o
timbre. Espertei dando un brinco e creo que foi a vez que máis rápido saín de
alí. Atrás unhas voces desexábanme bo verán, pero non parei a ver quen era.
Levantei a man e dixen
-
Igualmente, bo verán a todos!!!!