Vistas de página en total

viernes, 9 de junio de 2017

A pantasma


Era un venres. O último día de clase, a última hora do día. Por fin terminaba o curso! Como todos, un curso longo, con moito traballo, pero tamén cheo de boas cousas, de novas amizades, de novos alumnos … pero a estas alturas xa as forzas non daban para máis. Entón, dirixinme ó departamento. Estaba baldeiro. Senteime nunha cadeira, recostei a cabeza, pechei os ollos e esperei a que tocara o timbre para deixar todo ata setembro.

Non sei canto tempo pasou, cando un ruído estraño me sobresaltou. As luces estaban apagadas. Entón notei unha presenza ás miñas costas. Vireime e alí estaba. Mirándome con aqueles ollos sen fondo.

-          JAJAJAJAJA. Pobre incauto. Por fin alguén me ven remudar!!

-          E ti que ves sendo? – acertei a preguntar, quitando forzas de non sei onde, pero máis levado polo medo que pola valentía

-          Son a pantasma do Politécnico!!

 Pensei realmente que estaba a soñar, que non era máis que un pesadelo. Seguro que estaba na casa, durmindo na miña cama. Pero aquel espectro continuou a falarme como si realmente aquilo fose real

-          Non me cres?

-          Non te creo. Sei que isto é un soño e que cando remate, estarei na miña casa e ti non serás máis que o recordo de unha mala noite

-          JAJAJAJAJAJA

Aquela risa empeza a preocuparme de verdade. Non parecía quitada dun soño. Acaso sería certo? Quedaríame durmido no instituto? Sería aquela unha pantasma de verdade?

-          Vouche demostrar que existo- continuou dicindo aquela voz vida de máis alá do mundo dos mortos- Recordas aquela vez que tiveches un curtocircuíto na clase e non atopabas ningunha explicación, que miraches unha e outra vez a montaxe e parecía estar ben? Pois estaba ben, eu fun quen provocou aquela desfeita

-          Xa, seguro – acertei a dicir, con máis medo que outra cousa

-          Recordas aquela vez que na aula dos ordenadores non ía internet? Un bucle dicían. JAJAJAJAJAJA. Un bucle!! Unha pantasma máis ben, diría eu.

Aí foi onde comecei a preocuparme de verdade. A pantasma seguiu a contar anécdotas, unha tras outra. Un baño avariado, unha pechadura que non funcionaba, ferramentas que faltaban …

-          Pois xa ves. Aquí estou probe incauto. Tódolos anos ando a procura de alguén que me remude. Despois de 50 anos por fin atopei un substituto. Espero que ti tardes menos ca min en atopar a túa remuda. JAJAJA. JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA

Entón soou o timbre. Espertei dando un brinco e creo que foi a vez que máis rápido saín de alí. Atrás unhas voces desexábanme bo verán, pero non parei a ver quen era. Levantei a man e dixen

-          Igualmente, bo verán a todos!!!!

1 comentario: