Xurxo era un neno moi inquedo en tódolos sentidos. Non tiña parada. Sempre
estaba de aquí para aló argallando algo. Sempre dicían: a Xurxo hai que telo
enredado con algo, porque senón vai ser el quen busque o enredo, e normalmente,
ese enredo, non nos vai gustar.
Pero tamén hai que dicir na súa defensa, que eran moitas as inquedanzas que
tiña por saber e coñecer o por qué das cousas. Sempre estaba a preguntar sobre
o funcionamento das máquinas, cómo medraban as plantas, e ata unha vez lle
chamou a atención que os animais podían ter fillos sen se casar … non lle
collía nos miolos tal cousa.
Pero un día Xurxo fixo a seu pai a pregunta máis estraña que lle fixera ata
aquel momento.
-
Papá,
-dixo Xurxo- de onde ven a risa?
Entón, o pai de Xurxo comezou a pensar e darlle voltas a aquela pregunta.
De onde viría a risa?
Seguro que no cerebro non estaba a risa. Foi o primeiro que pensou, porque
un rise sen pensalo, rise cando está ben, cando está contento, pero rise de
súpeto. Pois está claro entón que no cerebro non está a risa.
Tampouco está na gorxa. Alí, nas cordas vocais, nacen as gargalladas, o
son, pero iso non é risa, iso é a expresión corporal da risa. A risa é outra
cousa, a risa é un estado, non un son.
Logo pensou que o mellor nos beizos. Cando sorrimos entornamos os beizos, deixamos ver os dentes.
Pero aí tampouco debe estar a risa. Hai xente que sorrí
sen rirse de verdade, sen rirse por dentro. A risa ven de dentro. E isto último
deulle a pista definitiva.
-
Xurxo!
Xurxo! Xa sei de onde ven a risa!
-
Dime
papá, de onde ven entón?
-
A
risa ven do corazón. Porque cando un rí de verdade, rí co corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario