Érase unha vez o reino dos amorodos.
Érase unha vez un castelo, uns reis e unha princesa.
Érase unha vez un reino dedicado ó coidado dos amorodos.
Aquela princesa pasaba o día coidando dos amorodos. Regábaos, limpábaos, quitáballe as malas herbas, arrincáballes as follas secas… Éra feliz!
Un día, andaba a princesa ocupada nestas tarefas cando todo empezou a tremer como se dun terremoto se tratara. A princesa, asustada, escondeuse debaixo dunha das follas da amorodeira. Alí agochada viu como unha man enorme recollía todos os amorodos maduros da planta. A princesa, asustada, foi na procura dos seus pais....
- Algo terrible sucedeu! Un xigante arrincou todos os amorordos maduros!
- Non, miña princesa –dixo seu pai-. Non te asustes. Así é a nosa vida. Nós coidamos os amorodos para que os humanos os recollan.
- Pero para que? Que fan con eles?
- ¡Comelos, por suposto!
- Comelos? –dixo ela.
- Si, comelos
Dende aquel día, a princesa seguiu a coidar nas fresas pero xa non tiña a mesma ilusión. Xa non lles cantaba cancións, nin as acariciaba, nin lles quitaba lustre .... Incluso hai quen di, que de cando en vez, se lle ve arrincar algunha fresa madura para a comer.
moi bo.... ainda que me da magoa cando como fresas.
ResponderEliminar