Vivía a señora troita nunha volta do río. Tódolos día ía dar un paseo río abaixo ata a ponte do sabugueiro. Aquela era a parte do río que máis lle gustaba. A auga ía clara, a area do fondo do río era cor ouro e ademais daba o sol. Co que lle gustaba o sol á señora troita!
Vaites aí que un día a señora troita atopou unha mosca voando preto da auga onda a ponte do sabugueiro.
- Que gordiña está esta mosca! Fai un bo xantar e ademais hoxe toca carne –pensou a señora troita.- Bos días, señora mosca!
- Bos días, señora troita –contestou a mosca- non tentará comerme?
- Home, fame teño. Ti non te poñas a tiro.
- Non serás quen de me dar! Non es nin forte nin hábil dabondo para tanto.
- Iso habémolo ver.
E así empezou unha estraña relación de amizade entre a señora troita e a mosca. A señora troita tentou cazar a mosca, pero voaba moi alto. Tentou brincar, dende preto, dende lonxe, río arriba, río abaixo... tentouno de tódolos xeitos, pero non foi quen de cazar aquela mosca. E así marchou para a súa casiña pensando en como cazaría aquela mosca.
- Adeus, señora mosca, mañá será outro día, que hoxe non teño fame.
- Adeus!
Ó día seguinte volveu a señora troita á ponte, e alí estaba a mosca. Pero esta vez a señora troita tiña un plan que non podía fallar: tiraríalle pedras coa cola. Primeiro tentouno con pedras grandes, pero pesaban moito e non era capaz de lanzalas fóra da auga. Logo con pedras pequenas, pero era moi difícil darlle á mosca, e se lle chegara a dar a señora troita, estaba segura de que non sería suficiente como para facer caer a mosca. E así a señora troita volveu un día máis para a súa casiña, pensando como coller aquela mosca.
O terceiro día a señora troita tiña un novo plan. Cuspiríalle auga. E así foi. Ó primeiro non atinaba nada ben e a mosca andaba a rir dun lado para outro, pero pronto empezou a acercarse ata que finalmente a mosca acabou na auga do río.
- Ben! Dixo a señora troita. Agora quen non é lista dabondo? - E dito isto comeu a mosca.
Agora a señora troita hai tempo que non vai por onde a ponte do sabugueiro. Está triste, pois xa non ten ningunha mosca coa que conversar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario