Vistas de página en total

jueves, 20 de septiembre de 2012

O DÍA DA FESTA

     Érase unha vez unha festa.

     Éranse unha vez dous nenos, Roi e Antía, que por seren tan bos e tan especiais un día seus pais dixéronlles que ían ir esa noite a unha festa
          - Unha festa – pensou Roi - unha festa de noite. Como será? Haberá luces de cores? Ten que haber, unha festa sen luces non é festa
          - Haberá hinchables? Ten que haber, -pensou Antía- se quere ser unha festa importante.
          - Haberá cochiños, cabaliños, cadeas …? Ten que haber -pensou Roi.
          - Haberá patacas fritas e churros?- pensou Antía- Ten que haber, que festa ía ser se non houbera?
          - Haberá música? –pensou Roi.
          - E bombas!! – dixo Antía. Isto último non lle gustou moito a Roi. Preferiría que non houbera foguetes.

     E así estiveron todo o día, cun milleiro de bolboretas dando voltas no bandullo por culpa dos nervos. Ó chegar a noite, subiron ó coche e partiron cara ó campo da festa … e ó baixar do coche, OOOOOOh! Alí estaba todo canto pensaran.

     Había luces de cores, verdes, vermellas, azuis, laranxas, amarelas ….E había cabaliños, cadeas, e cochiños; e postos de patacas fritas e churros; había múscia (lilili, lilili, lilili como lle gusta cantar a Roi), e hinchables. E cando estaban ollando para todo canto había na festa …

         - Shuuuuiiii … ¡Booom!
     Un foguete cruzou o ceo deixando detrás un regueiro de luces laranxas e un cheiro a pólvora queimada. E tras ese, outro, e outro, e outro …

     E despois de troular e troular toda a noite, volveron os nenos para a casa, cansos pero felices, e esa noite soñaron con milleiros de festas , de foguetes, de gaiteiros e charangas, de orquestras, de cabaliños e cochiños, de luces de cores e de todo canto a imaxinación duns nenos poden chegar a pór no medio dun campo da festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario