Había unha vez un reino moi, moi lonxe chamado Altamira onde sempre estaba
escuro e chovía tódolos días. Unhas veces chovía pouco, outras veces chovía
moito, as veces facía moito vento. Pero
o ceo sempre estaba escuro e gris.
Por aquel entonces, no descorrer desta historia, naceu unha fermosa rapaza
de pelo loiro. Seus pais, asustados pola
luz que irradiaba aquel pelo tan loiro, tapáronllo
cun pano e así viviu toda a súa
xuventude. Acostumada ós panos na cabeza nunca os quitaba. Só polas noites para
se peitear antes de se deitar.
Aquela nena medrou e gustaba moito de conversar cos vellos. Encantábanlle
aquelas historias que lle contaban. E eles gustaban da súa presenza, pois o seu
sorriso curaba a tristura dos corazóns. E así, falando con uns e con outros chegou un
día ata unha aldea onde vivía un vello, o máis vello do reino, ó que todos
tiñan por tolo. E contoulle unha historia que nunca ía esquecer. Era a historia do feiticeiro de Altamira.
Contoulle como fai moitos anos, a
xente traballaba no campo. O ceo era
azul e no alto alumeaba un disco dourado ó que chamaban sol. Pero un día chegou
un feiticeiro e vendo a ledicia de aquela xente subiu ó alto do castelo de
Altamira e dende alí enviou un feitizo a todo o reino. Unhas nubes cubrírono
todo e nunca máis volveu a verse o sol. Pero un vello tolo deu co último raio
de sol e gardouno nun pequeno recipiente de barro que logo ocultou nas
profundidades do mundo mentres repetía estas verbas:
-
Chegados
son os tempos da escuridade pero cando se cumpran os destinos e a roda da vida
de unha volta completa, este raio de sol ceibarase e chegará o día que ilumine
de novo o reino de Altamira
Aquel vello tolo contoulle que unha lenda di que un día chegará unha raíña
de pelo loiro como o sol que será quen de vencer ó feiticeiro de Altamira. Foi
entón cando a rapariga se quitou o pano da cabeza por primeira vez diante dun
descoñecido e aquel vello dou en chorar.
Así foi como aquela rapariga comezou a busca das torres de Altamira. Encamiñouse
cara onde parecía que escuridade era maior. A medida que avanzaba a luz íase
como se vai un suspiro dos beizos dun namorado. O aire era cada vez máis denso
e por momentos custaba traballo respirar. Ó final dun largo e angosto camiño
atopouse cunha elevación do terreo. Gateou, agarrada ás poucas herbas que
medraban ás veiras do mesmo e no alto de todo atopou un castelo de pedras negras como a noite do
cal saían aquelas escuras nubes que o recubrían todo. Andou ata a porta mesma
do castelo.
-
Sal
de aí – dixo. Sal de aí e non volvas
nunca máis a estas terras. Vaite ti e máis a túa escuridade.
Entón o feiticeiro, vendo a unha rapaza solitaria e desprotexida saíu do
castelo
-
¿Quén
es ti para retar o feiticeiro de Altamira? – dixo este
-
Son a
que trae os raios de sol na súa cabeleira.
Dito isto, quitouse o pano da cabeza e unha luz cegadora iluminouno todo. O
feiticeiro deu un grito arrepiante e converteuse nun feo sapo.
-
Croac
– dixo antes de desaparecer para sempre
Entón as nubes abríronse no ceo e así
foi como aquel pobo volveu de novo a ver a luz do sol. E nomeáronma raíña e en recordo no escudo de armas daquel reino
debuxaron unha torre dourada, porque agora ese é a cor das pedras do castelo de
Altamira onde aínda vive a raíña do sol
As veces, sobre todo no inverno, sucédense os
días de choiva e escuridade e a sombra do feiticeiro voa polo reino de
Altamira, pero o pelo loiro da raíña de Altamira termina vencendo á escuridade
e sempre, despois da tormenta sae o sol.
-
Avó,
e como sabes ti todo iso?
-
Seino porque son moi vello, o máis vello do
reino de Altamira. E o máis tolo.
Este conto gustoume especialmente, porque un día fun loira e raíña igual que a do conto!!!
ResponderEliminarNoraboa outra vez.