Estaba anoitecendo e seus pais aínda non apareceran. Cada vez tardaban máis
en vir ca comida e xa comezaban a ter moita fame. Aí fora parecía haber unha
crise de animais que levar á boca, e tres bocas eran moitas bocas que
alimentar, sen contar as de seus pais. Treste dicía que os pais non comen.
Nunca os viran comer nada. Mentres tanto xogaban a explorar a grande cova na
que se atopaban.
- Oio ruído na porta –dixo Trastre en voz queda
- ¿Serán papá e mamá? – preguntou Triste
- Mirarei – dou en dicir Trestre.
Efectivamente eran os pais. Hoxe traían un coello pequecho. Mentres os pais
descansaban, os tres deron boa conta do coello. Logo foron ó fondo da cova en
busca de mamá lobo para que lles dera uns mimos, e de paso si quedaba algo de
leite, mamarían un pouco, aínda que ultimamente mamá insistía na trécola de que
xa eran grandiños. Pero que rico estaba aquel leite!
Papá lobo mentres arrimou co fociño unha pedra para tapar a entrada e
deitouse a vixiar. Pero a noite é moi traizoeira e moi longa e o pouco pola súa
nariz saían uns pequenos ronquidos que pronto se converteron nun auténtico
festival.
O primeiro en espertar foi Trastre. Abriu os olliños e viu aquela luz tan
fermosa que entraba polo burato que papá deixara para poder respirar. Arrimouse
a entrada sen facer ruído e púxose a mirar para a lúa. Que fermosa! Que grande!
Era lúa chea. Pronto se lle uniron
Triste e Treste. Decidiron saír. Subiron ó alto do teito da cova e atraídos por
aquela luz dende alí deron un chimpo tan grande que chegaron á lúa. Comezaron a
correr, troular, brincar pola lúa ... e a lúa sorriu. Gustáballe xogar cos lobetos. Eles escondíanse e ela tentaba adiviñar onde.
Espertou papá lobo. Tiña algo de frío no lombo. Mirou e veu a pedra fora do
seu sitio.
-
Mamá
lobo – dixo – están os pequechos contigo?
-
Non.
Non están!
-
Traste!
Treste! Triste!
Revisaron toda
cova, chamando por eles. Non houbo resposta. Saíron a fora. Volveron a chamar,
outra vez sen resposta. Papá lobo subiuse ó alto do teito da cova e comezou a
ouvear chamando polas súas criaturas.
Chamou e chamou
pero sen resposta. Mentres, os tres lobetos xogaban as agochadas na lúa. Estaban
tan lonxe que non oían o ouvear de papá lobo. Por fin os viu. Chamounos unha
vez máis e estes, do mesmo xeito que antes, deron un brinco tan grande que como
por arte de maxia chegaron de novo á terra. Todos xuntos entraron de novo na
cova para se deitar e seguir a durmir non sen antes levar unha boa berradura de
seus pais.
Din que cada vez
que un lobo ouvea cara a lúa chea, está a chamar polos seus lobetos que están a
xogar as agochadas na lúa.. e por iso a lúa chea parece que sempre está a rir
No hay comentarios:
Publicar un comentario